ACTIVIDADES

Neste apartado recompílanse todo tipo de actos, iniciativas, actividades, denuncias e outras moitas novas e documentos de interese publicados neste blogue:

7 de Febreiro do 2017
"O CIAC vén de presentar unha interesante programación de actividades para este mes de febreiro, entre as que cabe destacar un obradoiro de compostaxe doméstica e un roteiro polo Parque de Belvís"

18 de Decembro do 2016
Este Nadal agardámosvos no Ensanche!
"Veciños e comerciantes do Ensanche, froito do esforzo e da colaboración entre a AAVV Raigame e Santiago Centro Área Comercial, estamos a unir forzas a prol de engalanar e dinamizar o noso barrio nestas datas de Nadal"

26 de Setembro do 2016
Festa dos "Máis de 55 anos vivindo o Ensanche"
"Logo duns cantos meses de duro traballo organizativo en colaboración coa Fundación Santiago Centro, Panxea Comercio Xusto, EmRede, Santiago Futsal e o Concello de Santiago, comprácenos convidarvos a unha gran festa que celebraremos o vindeiro sábado día 1 de Outubro nas diferentes rúas do noso barrio; os 56 anos de vida do Ensanche compostelán"

5 de Maio do 2016
ART&ECO, dous mercados simultáneos nas Festas da Ascensión 2016
"Este evento, promovido pola Fundación Santiago Centro Área Comercial en colaboración coa APEGA e coa Cesta da Saúde, trata de aunar simultaneamente dous mercados diferentes; unha Mostra de Artesanía e unha Feira Ecolóxica Labrega"

24 de Marzo do 2016
Excursión á Pobra de Sanabria
"A Rede Municipal de CSCs está a organizar una excurión a Pobra de Sanabria para o vindeiro día 10 de abril do 2016"

7 de Febreiro do 2016
O Concello instala unha caseta de información das obras de Montero Ríos
"Dende a Asociación de Veciñ@s Raigame queremos informar á veciñanza de que, con motivo das obras de humanización que se están a levar a cabo na Rúa Montero Ríos, o Concello de Santiago instalou unha caseta de información na Costa da Camelia que pretende ser un punto de atención ós veciños do Ensanche"

18 de Xaneiro do 2016
Comezan as obras en Montero Ríos
"Hoxe luns, día 18 de xaneiro do 2016, deron comezo as obras na Rúa Montero Ríos, e fixérono na intersección onde se xuntan a Rúa Nova de Abaixo, a Rapa da Folla e Montero Ríos"

15 de Decembro de 2015
Chega o Nadal a Compostela!
"Arranca o Nadal 2015 en Compostela cun total de 218 actividades, para grandes e pequenos, que se espallarán polos distintos barrios e parroquias da cidade durante estas datas"

4 de Novembro de 2015
Magosto 2015 na Praza Roxa compostelá
"Este sábado día 7 de novembro do 2015, as castañas volverán a ser as verdadeiras protagonistas na Praza Roxa compostelá, que acollerá un dos festexos máis tradicionais do noso país; o magosto"

13 de Setembro de 2015
Todo listo para a Festa dos 55 anos do Ensanche
"Tal e como viñemos informando, un activo grupo de comerciantes, veciños i entidades sociais de Compostela están a artellar unha feira do comercio e unha gran festa de conmemoración dos 55 anos do Ensanche, que terá lugar o vindeiro sábado día 26 de setembro na contorna das Casas de Ramírez"

18 de Xullo de 2015
Festa de celebración dos 55 anos do Ensanche
"Un activo grupo de veciños e membros da Asociación Veciñal Reigame están a organizar unha gran festa para conmemorar os 55 anos da construción das Casas de Ramírez en Santiago de Compostela"

22 de Xuño de 2015
O "Espazo Cidadán" das Festas de San Pedro
"A Asociación Veciñal A Xuntanza, coa colaboración da Comisión de Festas do Barrio de San Pedro, está a organizar o Espazo Cidadán, un foro que terá lugar o vindeiro sábado 27 de xuño e que pretende ser un espazo aberto á conversa entre a cidadanía a través de mesas redondas, micros abertos..."

27 de Abril de 2015
A primavera detense no Ensanche!
"A Fundación Santiago Centro Área Comercial está a preparar unha gran festa do comercio baixo o título “A primavera o Ensanche altera”, coa finalidade de atraer clientes ós comercios da contorna do Ensanche e incrementar as súas vendas" 

16 de Marzo de 2015
Raxoi informa das melloras nas obras da Carreira do Conde
"Agustín Hernández comunicou que a rúa será parcialmente peonalizada, que negociará coas concesionarias dos aparcadoiros públicos para mellorar o sistema de pago e incorporar bonificacións que favorezan o comercio local e que estaba estudando a construción dun aparcadoiro na Avenida da Coruña"

20 de Febreiro de 2015
Feira en Ramón Cabanillas
"Mañá sábado, día 21 de febreiro, celebrarase unha feira na Rúa Ramón Cabanillas que contará con diferentes actuacións (contacontos, dúo musical e demostracións de educación canina) e descontos especiais nos comercios da zona"

15 de Febreiro de 2015
Planta unha árbore no Bosque de Galicia
"O propósito desta actividade, que deu comezo onte e que se celebrará durante os vindeiros días 21 e 28 de febreiro;  7, 14, 21 e 28 de marzo e 11, 18, 25 de abril, é o de dar a coñecer á sociedade galega este novo pulmón verde da cidade, explicar as accións que se están a desenvolver, e rematar a xornada plantando unha árbore" 

23 de Xaneiro de 2015
Raxoi reconsiderará o proxecto da Carreira do Conde
"Froito do diálogo mantido nesta última xuntanza, o Alcalde comprometeuse a analizar as propostas presentadas e a procurar unha solución alternativa ó proxecto inicial sen renunciar a “humanizar” e suprimir o tráfico desta zona" 

21 de Xaneiro de 2015
Comezan as obras de peonalización do Ensanche compostelán
"Para impedir que se realicen estas obras, que xa deron comezo e que suprimen prazas de aparcamento sen ofrecer solucións ó problema que temos na cidade, dende a Fundación Santiago Centro Área Comercial e a Asociación de Veciños Raigame, estamos a recadar firmas de apoio da cidadanía a través da internet, no portelo web de Change.org, e tamén de xeito físico nos comercios da zona"

13 de Xaneiro de 2015
Homenaxe a Vivencio Freire Dapena
"Diversas persoas e colectivos do barrio compostelán do Castiñeiriño, co apoio incondicional da Asociación de Veciños Raigame do Ensanche, estamos a preparar unha homenaxe a  Vivencio Freire Dapena, - eximio veciño -, como recoñecemento e amizade polos moitos anos de servizo a Compostela. O acto, aberto a toda a cidadanía, terá lugar o vindeiro sábado día 17 de xaneiro a partires das 12:00h da mañá no Centro S.C. "Agustín Bueno" do Castiñeiriño"

23 de Decembro de 2014
Solidariedade coa Plataforma Víctimas Alvia 04155
"Dende a Asociación Veciñal Raigame queremos mostrar o noso apoio e solidariedade á Plataforma Víctimas Alvia 04155, que representa ás vítimas e familiares do accidente ferroviario ocorrido o pasado 24 de xullo de 2013 nas inmediacións da parroquia compostelá de Angrois, e que están a recadar fondos para a produción dun documental totalmente independente que conte a verdade e a realidade desta traxedia"

26 de Novembro de 2014
Comeza a Feira de Outono da Rúa Ramón Cabanillas
"Hoxe, mércores día 26 de novembro de 2014, comeza a Feira do Outono na Rúa Ramón Cabanillas de Santiago de Compostela. A feira, promovida polos comercios da devandita rúa compostelá, contará con numerosas actividades a pé de rúa, tal que obradoiros para cativos, desfiles de moda, orquestra, pasarrúas, e todo tipo de descontos especiais e agasallos nos diferentes comercios da zona"

8 de Novembro de 2014
Xornada de Portas Abertas no Museo da Fundación Sotelo Blanco
"O vindeiro sábado día 22 de novembro, o Museo de Antropoloxía e Etnografía da Fundación Sotelo Blanco, sito en San Marcos Nº 77, abrirá as súas portas a todas aquelas persoas e grupos organizados que desexen coñecer o xeito de vivir dos nosos antergos e descubrir o auténtico tesouro que custodia esta fundación"

30 de Outubro de 2014
Participación cidadá no medioambiente compostelán
"O Centro de Interpretación Ambiental do Concello de Compostela (CIAC), sito no Parque de Belvís, está a enviar unha breve enquisa ás Asociacións de Veciñas e Veciños de Santiago de Compostela para realizar unha sondaxe sobre as inquedanzas da veciñanza encol do Medio Ambiente na cidade"

29 de Outubro de 2014
Xornadas formativas en eficiencia enerxética
"A Fundación Santiago Centro está a promover unhas xornadas formativas en eficiencia enerxética, para tratar de apoiar o comercio e a pequena empresa, e que van dirixidas a todo tipo de empresarios, consumidores e veciños"

17 de Xuño de 2014
O CSC O Ensanche prepara o San Xoán
"Hoxe día 17 de xuño de 2014, co gallo da celebración do San Xoán, o Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal O Ensanche vén de acoller unha interesante charla sobre “Todo o que tes que saber do San Xoán”, a noite máis máxica do ano".

19 de Maio de 2014
"II Campus de Cociña Infantil CompH!ostelería"
"Os obxectivos deste obradoiro, que se celebrará entre o 23 de xuño e o 18 de xullo de 2014 en horario de 09:00h a 14:30h, serán os de achegar ós máis cativos a cultura gastronómica e “crear unha conciencia de alimentación sa e saudable afondando en todos aqueles elementos que teñen que ver coa alimentación”.

19 de Maio de 2014
"Tras a pista das Gárgolas" da A.VV. As Marías
"Este pasado domingo 18 de maio de 2014, a Asociación Veciñal As Marías vén de organizar unha interesante actividade familiar, lúdica e didáctica, baixo o nome de “Tras a pista das Gárgolas”.

14 de Maio de 2014
Manifesto “Un paso adiante e mais outro paso adiante, Galiza!” (17 de maio de 2014)
"Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, que este ano 2014 homenaxeará a figura do finado poeta guitiricense Xosé María Díaz Castro, dende a Asociación de Veciños Raigame queremos achegar unha ligazón ó Manifesto “Un paso adiante e mais outro paso adiante, Galiza!”, da autoría de Marica Campo, que será lido e resoará con forza nas mobilizacións que terán lugar en oito cidades galegas o vindeiro sábado 17 de maio a iso das 12 da mañá".

5 de Maio de 2013
O CSC O Ensanche inaugura "Compostela Única"
"Esta mostra pretende achegarnos á historia da cidade a través de antigas fotografías, todas elas realizadas antes do ano 1965 e cedidas por diversas persoas e colectivos, entre eles, a Asociación de Veciños Raigame".

8 de Abril de 2014
A Fundación USC Deportiva convoca o III Curso de Fotografía da Natureza
"Terá lugar os días 9, 11 e 16 de maio do presente ano 2014 na Facultade de Formación do Profesorado, na Avenida de Ramón Ferreiro de Lugo. O curso, dunhas 14 horas, será impartido polo fotógrafo e profesor Andrés Fraga". 

31 de Marzo de 2014
As Marías estrean programa de radio
"A Asociación Veciñal As Marías vén de estrear, o pasado 27 de marzo en A Kalimera Rádio Livre, "RadioMarías", un programa de radio que nace para contarnos "as novidades do barrio e compartir os saberes da súa xente". 

31 de Marzo de 2014
Raigame solidarízase coas reivindicacións de Galeras
"Dende a Asociación de Veciños Raigame queremos solidarizarnos cos veciños afectados de Galeras e mostrar o noso apoio ás reivindicacións e movilizacións que se opoñen á privatización do parque e á consecuente perda dunha importante zona verde da cidade e dun ben público e común". 

26 de Marzo de 2014
Aberto o prazo de pagamento das cotas de asociados 2014
"As cotas poderán abonarse no Centro Socio Cultural O Ensanche, na Rúa Frei Rosendo Salvado, Nº 14, e no seguinte horario: Martes 18 e Martes 25 de Marzo e Xoves 3, Xoves 10 e Xoves 24 de Abril"